viernes, 6 de diciembre de 2013

TRABALLO 4: Manualidade

Neste último traballo decidín facer unha manualidade, e realicei unha marioneta dun pirata. Xa que me parece moi interesante aprender a facelas, para por exemplo narrarlle un conto aos rapaces.

Para a realizacíón deste traballo empreguei:

  • Cartón pluma, para construir a marioneta. 
  • Cravos especiais que permiten dobrar as puntas.
  • Cartulina 
  • Fio ou calquera outro material para engancharlle as extremidades.
  • Pinceis 
  • Tesoiras 
  • Témperas: negro, branco, rojo e amarelo. 
  • Cúter 
  • Pegamento ou cola
  • Catro paus

Unha vez decidido que ía facer, puxenme a traballar co debuxo do pirata. Primeiro tiven que debuxalo nunha cartulina, para despois pintalo coas témperas. Unha vez pintado, tiven que esperar a que secase e despois recortar cada parte do corpo, como se pode ver nas imaxes.

Máis tarde, unha vez que tiña recordatado cada parte, pegueinas no cartón pluma, para que así a marioneta tivese unha estabilidade. Despois, tiven que axudarme dun cúter para poder recortar o cartón pluma, xa que con tesoiras desfaise. Unha vez que recortei, enganchei cos cravos cada parte do corpo. E por último, como se ve na imaxe, peguei con celo un fio a cada extremidade e despois xunteinas e agarreinas a parte superior, que construín con catro paus. 



jueves, 5 de diciembre de 2013

TRABALLO 3: Carboncillo

Na realización do terceiro traballo, decidín facer un retrato de cando era pequena, e para iso empreguei a técnica do carboncillo. É unha técnica que permite facer unha escala de tons desde un ritmo suave ata un negro bastante intenso. A imaxe que elixin é unha fotografía de cando era pequena, xa que así podería empregar unha nova técnica para facer un cadro .

Para a realización desta lámina precisei:
  • Carboncillo: pau queimado con punta grosa que require para a súa utilización maiores formatos que os que corresponde a un lápiz. 
  • Difumino: sirve para difuminar, aplícase sobre o pó do carboncillo. 
  • Papel Ingres: é un papel que ten certa rugosidade e permite xogar con tonalidades. 
  • Lapis composto: é un lápiz como o lápiz grafito, pero fai trazos máis escuros. 
  • Martelo: para aplastar o difumino, ata que se abrande. 
  • Goma para carboncillo. 
Antes de comezar a traballar tiven que martillar o difumino, para que abrandase e despois lixalo para que a súa superficie fora lisa e non deixase marcas cando o empregase sobre o papel Ingres.

Unha vez feito isto, dispúxenme a calcar o debuxo coa barra de carboncillo, para iso peguei a foto e o papel Ingres na ventá para calcar os rasgos máis relevantes. Despois empecei a difuminar o pelo e a marcar os ollos para non perder o seu contorno.




Como se pode ver nas imaxes empecei a difuminar e remarcar os rasgos máis xerais do retrato, unha vez que rematei co pelo e as cexas, pasei a remarcar os ollos, para iso empreguei o lapis composto. Ainda que con el é necesario ter máis coidado porque unha vez que debuxas con el é máis difícil borralo. A parte do debuxo máis difícil de debuxar é a boca, xa que no retrato está aberta e hai que facerlle os oscuros.Para rematar remarquei as partes oscuras do retrato.



A continuación mostro a imaxe rematada, a pesar de que ainda quedan algúns oscuros que remarcar como se pode ver na fotografía, por último remarquei: o pelo, os ollos (aos cales lle remarquei o párpado), e a boca que ten unha expresión de sorrisa e remarqueina co lapis composto.




TRABALLO 2: Puntillismo

Para o meu segundo traballo escollin un retrato. E animeime a facelo a puntillismo, a pesar de que para realizar as sombras é unha técnica complicada. O puntillismo consiste en cubrir o lienzo con pequenos puntos máis ou menos cercanos sen ser superpostos de maneira que cando se vexan a certa distancia se cohesionen creando efectos e tonalidades de luz e sombra.

Na realización deste traballo precisei:

  • Un lápiz
  • Unha goma
  • Papel vexetal
  • Pigment liner 0.8, pigment liner 0.4, e pigment liner 0.2 
  • Cartulina 
  • Pegamento 


Unha vez comprado o material, comecei a traballar. En primeiro lugar calquei a foto para o papel vexetal, xa que a hora de marcar as sombras é máis sinxelo de ver que nunha lámina normal. Unha vez feito isto, comecei a realizar os puntos empezando pola cabeza,para a cal empreguei o pigment liner 0.8 debido a que os puntos tiñan que ir máis xuntos. E continuando polo demais. Deixando para o último a boca e a barbilla porque me resultou máis difícil de facer, para iso empreguei o pigment liner 0,2 porque eses trazos precisan máis precisión e puntos máis finos. A continuación mostro unhas imaxes do proceso:






















Unha vez rematado o tarballo, como o realicei en papel vexetal para poder percibir mellor as sombras e os trazos, peguei os dous bordes (superior e inferior) sobre unha cartulina branca para que a imaxe tivese fondo. Para reforzala pegueille outra marrón, deixando así o traballo finalizado, como se pode ver na imaxe que mostro a continuación.






















Para rematar este segundo traballo, decidín facecrlle un marco ao retrato. Para iso empreguei un marco de fotos, o cal recubrin con fíos de varias cores e despois barnicei con cola. Unha vez que a cola secou, recortei o fío pola parte de atrás para engadirlle o cristal e o cartón ao marco. A continuación, pódese ver o resultado final:

martes, 22 de octubre de 2013

TRABALLO 1: Lápices de cores

Para realizar este primeiro traballo empreguei a técnica de pintar con lápices de cores. Pareceume unha técnica interesante xa que a hora de marcar as sombras é máis sinxelo que cos rotuladores. A imaxe que seleccionei pertence a unha postal de Roma, que me chamou moito atención e me inspirou para poder facela con esta técnica. 

Os materiais necesarios para realizar esta lámina son:
  • Lápices de cores. 
  • Lámina DIN-A4 
  • Lápiz H9 (para calcar o debuxo)
  • Pegamento. 
  • Tesoiras. 
  • Pauciños de madeira
  • Cola branca









A realización desta lámina, levoume a seguir unha serie de pasos. En primeiro lugar, calquei o debuxo e logo comecei a pintalo marcando as sombras correspondentes, como podemos observar na foto. Para marcar as sombras tiven que cargarlle máis ao lapis e mezclar cores de diferentes tons. A parte que deixei para o final foi o fondo verde que hai entre as rexas, porque precisaba de mezlcar varios tons para darlle un toque realista. 



Por último, unha vez rematado de pintar. Decidín engadirlle un marco a lámina. Para iso seguín os seguintes pasos:
  1. Recortei a lámina polo borde. 
  2. Pegueina nunha cartulina marrón. 
  3. Con cola blanca fun pegando os paus de maneira que qedasen xuntos e non se vira a cola.
  4. Para rematar, peguei o dos bordes do lado algo máis separados, xa que os tiven que recortar para que non sobresaisen. 


Así podemos ver o resultado final do 1º traballo realizado: